Friday 17 de May de 2024

Cambre mellorará a seguridade viaria nos pasos de peóns


Instalaranse bolardos nunha decena de pasos de peóns, que foron valorados pola policía local, co fin de impedir o estacionamento e mellorar a visibilidade  dos condutores sobre os peóns e viceversa

A policía local de Cambre realizou un estudo sobre a seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables que inclúe aos peóns en xeral e en particular, aos nenos, persoas maiores e persoas con mobilidade reducida. O grao de vulnerabilidade depende en gran medida da idade da persoa, da súa condición física e das súas pautas e hábitos de comportamento á hora de desprazarse pola rúa. Para reducir o risco de accidente é necesario adoptar medidas de protección que fagan da rúa un lugar máis seguro desde o punto de vista da sinistralidade viaria.

A Policía Local ha posto en marcha unha serie de medidas co obxectivo de que os peóns sentan protexidos e sexan visibles en todo momento por parte dos condutores de vehículos, de maneira que non existan elementos urbanos ou deseños viarios que aumenten o risco de accidente.

O concello vai actuar, tras o informe policial sobre a distribución do aparcadoiro na calzada, en diversos tramos localizados de escasa visibilidade ante elementos urbanos mal situados. Desta forma, as prazas de estacionamento corrixiranse eliminando aparcadoiros nos cruces, interseccións ou xunto a pasos de peóns. Corrixirase a localización dos colectores de residuos, analizando a situación destes para mellorar a visibilidade de peóns e condutores.

Concretamente e de forma inicial o concello vai  instalar bolardos nunha decena de pasos de peóns, que a xuízo do informe policial presentan maior perigo,  cinco metros antes dos pasos de peóns, co fin de impedir fisicamente o estacionamento de vehículos  e mellorar a visibilidade  dos condutores sobre os peóns e viceversa. Nas vías de sentido único sinalizarase a ambos os dous lados do carril, e en vías de dobre sentido de circulación unicamente na marxe dereita en cada sentido da marcha.